Cando mires ao ceo, pola noite, como eu habitarei nunha delas, como eu rirei nunha delas, será para ti coma se risen todas as estrelas. Ti terás estrelas que saben rir! (O Principiño)

sábado, 8 de febrero de 2020

STOPlásticos

Traballando cada día  como auténticos superheroes no proxecto  de centro STOPlásticos 
Motivamos ao alumnado para que nas  merendas non haxa residuo, ou sexa o mínimo posible. Para elo deberán usar envases retornables como friameira para sólidos e cantimploras para a augua a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso. 
Cada semana, un grupo de alumnos-as, recollen os residuos xerados de cada aula para saber cal é a que menos recolleu.É moi satisfactorio  saber que a clase de 3ºA a fomos dúas semanas consecutivas a gañadora.
Continuamos reducindo  e moi concienciados para contribuir nesta misión de eliminar plásticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario