O día 30 de maio realizamos a excursión de fin de curso. Achegámonos ata Fervenzaventura e disfrutamos da natureza e da Fervenza do Toxa.
PASÁMOLO XENIAL!
Cando mires ao ceo, pola noite, como eu habitarei nunha delas, como eu rirei nunha delas, será para ti coma se risen todas as estrelas. Ti terás estrelas que saben rir! (O Principiño)
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
jueves, 6 de junio de 2019
viernes, 17 de mayo de 2019
Letras Galegas
Onte asistimos a un concerto didáctico na Casa da Cultura,na Valenzá,para conmemorar o Día das Letras Galegas.
viernes, 12 de abril de 2019
Coñecendo os castros
Visitamos Castromao, en Celanova, para coñecer os castros e a cultura castrexa. Aprendemos moitas cousas interesantes que non esqueceremos, e que serán moi axeitadas para aumentar os nosos coñecementos.
miércoles, 7 de noviembre de 2018
O ÁRTICO ROMPE
O mércores día 7 de novembro visitamos a exposición "O ÁRTICO ROMPE".Amosáronnos as peculiaridades dos ecosistemas do polo Norte,a súa biodiversidade,e a súa importancia no clima global.Estivemos atentísimos ás explicacións,e tamén comtemplamos,as auroras boreais, a través dunha proxección a escuras e escoitando unha fermosa música.
viernes, 1 de junio de 2018
Excursión a Pobo Aventura
O 31 de maio,os rapaces de 3º viaxamos a Teixeiro(A Coruña) a un fermoso lugar,Pobo Aventura.Pasamos unha xornada moi divertida,como podedes ver a continuación, non paramos nin un minuto.
En primeiro lugar a benvida e pautas a ter en conta para o desenrolo da visita.
Despois dividíronnos en grupos segundo tres cores, vermella, azul e verde.Fixemos as seguintes actividades:
RASTREXO POLA NATUREZA
OS ECOXOGOS
OBRADOIRO: OS TELLEIROS
Tamén tempo libre para xantar e repoñer forzas...
Unha aventura inesquecible para nós.
domingo, 6 de mayo de 2018
Descubrindo
Descubrimos o Museo da Gaita e a exposición Loiro na memoria, no concello de Barbadás
En Loiro, visitamos a exposición Loiro na memoria.Alí coñecimos a maneira de vivir do século pasado a través de fotos, aparellos e diversos obxectos ,que nos axudaron a entender a vida daqueles tempos pasados.
No Museo da Gaita, escoitamos un conto, coñecimos a historia e as partes da gaita, bailamos muiñeira, xogamos...
sábado, 9 de diciembre de 2017
Aprendizaxe fóra da aula
O martes,5 de decembro, pasamos a xornada de mañá en Megaxove. Realizamos unha chea de actividades,xogos e obradoiros nos que aprendimos moitas cousas novas.
jueves, 8 de junio de 2017
Animación á lectura
Unha viaxe, máis alá das nubes,un descubrimento envolto de imaxinación.Así foi a actividade de animación á lectura na que participamos de cada intre coas palabras, cos planetas, co cohete...Unha viaxe espacial que non esqueceremos.
miércoles, 31 de mayo de 2017
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
O martes 30 de maio os alumnos de 4º realizamos a excursión fin de curso a FervenzAventura.Como desfrutamos da natureza!
-Coñecemos os segredos do bosque
-Investigamos coas pegadas de animais
-Visitamos a Fervenza do Toxa
lunes, 21 de noviembre de 2016
Galiciencia
Pasamos unha mañá en Galiciencia. Estivemos moi entretidos co que alí nos amosaban. Traballamos en grupos para montar un robot, e visitamos a exposición dos proxectos de alumnos de Primaria e Secundaria.
OBRADOIRO: MATEMÁTICAS E LEGO
EXPOSICIÓN DE PROXECTOS
miércoles, 1 de junio de 2016
EXCURSIÓN
viernes, 27 de mayo de 2016
Saboreando as letras
Saboreando as letras, bonito título para a Actividade de Animación á Lectura que realizamos no Museo.
Na rúa escoitamos moi atentos as indicacións de Lavanda e Dente de León.
Dentro as historias captaron a nosa atención.
Cociñamos ricos platos de legumes coas letras e con moita imaxinación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













