Nestes días chegou a nosa clase unha maleta cunha estrela e un lazo. Non era de ninguén...pero o certo é que a intriga podía connosco.Puxémonos mans á obra para descubrir que había alí dentro.
A nosa compañeira,Xoana,foi a encargada de abrila.Que sorpresa!
Dentro había unha nota indicando,que no interior de cada libro atopariamos pistas.E así foi a nosa tarefa: investigar e descifrar a mensaxe que esta maleta viaxeira nos traía.
Pois ata aquí podemos contarvos...porque a maleta seguirá viaxando polo cole.E tamén garda segredos que non podemos desvelar ata rematar a lectura destes libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario