Nestes días descubrimos a importacia de ter unha boa alimentación. Lembrade que para medrar sans e fortes e ter enerxía teremos que combinar varios tipos de alimentos. Cada un deles aportarannos as substancias nutritivas que precisamos para o noso corpo.
Para traballar este tema realizamos as seguintes actividades:
1-Anotamos ao longo dunha semana o menú de cada un de nós.
2-Comprobamos a cantidade de peixe, verduras, carne e froita que tomamos neses días.
3-Decatámonos que algúns dos menús non están equilibrados.
4-Agrupamos diferentes alimentos dos folletos de publicidade segundo ao grupo que lle correspondera.
5-Traballaremos en grupos para crear un menú saudable e á vez suxerente para os nenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario